domingo, 22 de mayo de 2011

Non sei...

Non sei como borrar
a carraxe dos sentimentos
que carcomen miña alma...
ata face-la añicos
pola a usencia
do amor.
Non sei como afastar
da miña mente
o vacío que, no meu ser,
provoca a túa ausencia.
Quero voar
mais non podo...
quero sentir
mais unha coraza
arreda meu corazón.
Non ten senso
miña vida
sen as tuas apertas,
nen os teus beizos
agarimando miña pel...
Quero ser...
mais só deambulo
imaxinando o tempo
que nunca atopo
ó teu carón.
Serei forte,
paciente e xenuina...
ca esperanza
de que chegue o momento
de afundirme co teu ser.

No hay comentarios:

Publicar un comentario